Tortilla

Aquí imos aprender a facer unha tortilla de patacas.

Ingredientes da tortilla

Ingredientes Utensilios
Patacas Sarten
Ovos Tenedor
Cebola Bol para batir os ovos
Aceite de oliva
Cinque Terre

Preparacion da tortilla

No primeiro paso pelamos e lavamos as patacas, cortámolas en rodajas finas como a cebola. Poñemos as dúas cousas nunha tixola e cubrimos con aceite de oliva virxe extra, deixámolas cocer a lume medio-baixo ata que empecen a dourarse. Xa saberás que as patacas están feitas cando comezan a romperse, coa pá. Para que a tortilla quede xugosa é importante que as patacas estean ben cocidas e confitadas, porque non hai nada peor que unha tortilla con patacas medio crúas.

No segundo paso retiramos da pota e escorremos ben. Poñemos nun bol grande, aparte batemos os ovos e engadímolos ás patacas e a cebola, botamos un pouco de sal e mesturamos. Deixamos un par de minutos para mesturar ben. Aquí hai quen prefire deixar as patacas enteiras e quen prefire machalas un pouco coa paleta para que se mesturan ben co ovo.

Poñemos na tixola un par de culleradas de aceite de oliva virxe extra e botamos todo. Ao principio rompemos un pouco, coma se fósemos facer un revolto, despois dámoslle forma polos bordos. Cando vexamos que xa está callado no fondo, poñémoslle un prato ou unha tapa enriba da tixola e dámoslle a volta rapidamente. Poñemos de novo a tixola ao lume e deslizamos a tortilla do prato á tixola. Deixamos uns minutos máis (2 ou 3 se che gusta máis requeixo, menos se che gusta o zume) para rematar de facer e xa temos a nosa tortilla de patacas lista.

Postre

Pizza

Bocadillo

  • A mellor tortilla que comín!!
  • Estaba moi rica!
  • Volverei a facela
×

Esta é a mellor tortilla do mundo

Non te arrepentiras de probala

Botons

Link Button